RCD / NOVAS

Miku, con molestias nun aductor, queda fóra do partido

14/02/2021 17:13

Miku quedou fóra do encontro ante o CD Guijuelo en ABANCA-RIAZOR debido a unhas molestias nun aductor. Os Servizos Médicos avaliarán nos próximos días ao dianteiro deportivista para coñecer o alcance exacto destas molestias.

Foi substituído no once por Lara; e Salva Ruiz entrou na convocatoria final de 20 xogadores para o choque ante o equipo salmantino.

Máis novas de: MIKU