RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Miku consegue o seu segundo Trofeo Xogador Estrella Galicia

O dianteiro branquiazul Nicolás Ladislao Fedor Flores "Miku" recibiu esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo o seu segundo trofeo como Xogador Estrella Galicia do mes, este correspondente ao de decembro de 2021.

Dos 2.850 votos emitidos, Héctor Hernández sumou un 16,6%, Alberto Quiles un 30,8 e o 52,6 restante foi para o dianteiro venezolano. Con máis claridade que no mes de outubro, o ariete recibiu o apoio maioritario da afección Deportivista para levar o recoñecemento. Quiles o primeiro mes e Víctor García o último son os outros dous futbolistas que completan o cadro de honra, xunto a Miku, do Trofeo Estrella Galicia no que vai de temporada.

9 goles e 2 asistencias suma Miku nesta campaña, aínda que os partidos obxecto de valoración, primeiro por parte dos xornalistas que cobren a actualidade do Deportivo para configurar o trío de finalistas e despois dos seguidores branquiazuis, foron os que enfrontaron ao Dépor con Racing de Ferrol, Valladolid Promesas, Osasuna e Cultural Leonesa.

O premiado mostrouse "Moi contento por este recoñecemento individual que realza o traballo do equipo. É moi bonito recibir un premio e repetir, aínda que o que quero é o premio final, o obxectivo en común que temos todo o Deportivismo, pero para iso hai que ir queimando etapas e esta é unha delas".