RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Miku subliña a seriedade do equipo e Lapeña cre que "saímos moi reforzados"

Miku e Adrián Lapeña atenderon aos medios de comunicación no Nuevo Estadio de Las Gaunas.

O dianteiro venezolano, de novo decisivo co seu gol, apunta que o seu tanto "é a culminación dun traballo colectivo", á vez que subliña que "afortunadamente estamos a vivir do colectivo, non de individualidades. E iso é algo moi bo".

Asegura que o Dépor acudiu a Las Gaunas "con moita seriedade. Era un partido importante ante un gran rival. Levámonos tres puntos que son moi bonitos e permítennos estar moi contentos".

Pola súa banda, o rioxano Adrián Lapeña cre que o que importa é "coller un bo ritmo de competición, facer as cousas ben. A longo prazo é o que nos vai a dar estar aí arriba ou non".

Así pois, o liderado do grupo aínda que "é algo anecdótico, vénnos ben, refórzanos. Deixámolo nun dato e temos que seguir traballando".

Lapeña opina que con este triunfo "demos un golpe encima da mesa. Soubemos gañar fóra de ABANCA-RIAZOR a un rival moi complicado que vai estar aí arriba. Saímos moi reforzados porque fixemos moitas cousas ben. Outras temos que mellorar. Imos por bo camiño".