RCD / NOVAS

Miku, xogador Estrella Galicia do Dépor en outubro

17/11/2021 17:28

O dianteiro venezolano do Dépor Nicolás Ladislao Fedor Flores “Miku”, recibiu hoxe na Cidade Deportiva de Abegondo o trofeo que o acredita como o Xogador Estrella Galicia do equipo no mes de outubro.

SD Logroñés, Real Unión. UD Sanse, Real Racing de Santander e Zamora foron os rivais do Deportivo no período avaliado, no que Miku disputou como titular todos os encontros e anotou dous goles. O dianteiro levou unha das votacións máis apertadas que houbo até o momento polo trofeo de Xogador Estrella Galicia, ao imporse cun 35,3% dos 2.709 votos a Diego Villares (32,9%) e Víctor García (31,8), trío de finalistas escollido polos medios que seguen a diario a información do Club.

Miku recolle a testemuña do seu compañeiro na dianteira Alberto Quiles, elixido o pasado mes como Xogador Estrella Galicia do Deportivo. Mostrouse “contento por recibir un galardón individual que é produto de todo o que o equipo fixo ben durante o último mes e ademais por ser a nivel persoal o meu primeiro premio neste Club”.

Máis novas de: MIKU