RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mini semana de competición para o Dépor ABANCA antes de Nadal

O Deportivo ABANCA afronta unha última mini semana antes do parón do Nadal, coa visita do FC Barcelona a Abegondo prevista para o martes 22 de decembro (14:00 horas), en partido correspondente á 13ª xornada.

O cadro branquiazul traballa hoxe domingo e mañá luns na Cidade Deportiva para preparar o choque ante un dos favoritos ao título na Primera Iberdrola.

A sesión de hoxe será sobre todo de recuperación para as titulares onte en Matapiñonera ante o Madrid CFF.

Ao concluír o partido fronte ás azulgranas, o Deportivo ABANCA tómase uns días de descanso. As futbolistas branquiazuis retomarán os adestramentos o mércores 30 ás 17:00 horas.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Domingo 20 de decembro
11:00 h

Luns 21 de decembro
17:30 h

Martes 22 de decembro
14:00: Deportivo ABANCA - FC Barcelona, en Abegondo