RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Mini vacacións para o Deportivo ABANCA, sen competición esta fin de semana

O Deportivo ABANCA finalizou unha semana sen competición oficial na Primera Iberdrola.

Manu Sánchez, técnico deportivista, concede unhas mini vacacións ao seu cadro. Iso si, todas as xogadoras, salvo as 5 internacionais, levarán 'deberes' en forma de traballo físico para realizar cada día nos seus domicilios.

O obxectivo dos técnicos é o de readaptación á rutina semanal para encarar en boas condicións físicas o tramo final da competición.

O Dépor ABANCA regresa ao traballo o luns 16 de marzo ás 17:00 en Abegondo.

A próxima cita ligueira será o sábado 21 de marzo en Abegondo (11:00 horas) ante o Atlético de Madrid Femenino, en choque correspondente á 22ª xornada na Primera Iberdrola.