RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Mini xornada entre mañá martes e o xoves para 6 equipos de #ANOSACANTEIRA

Seis equipos de #ANOSACANTEIRA teñen xornada de liga entre mañá martes 30 de abril; o mércores 1 de maio, día festivo; e o xoves 2: Deportivo ABANCA B, Xuvenil B, Cadete A, Cadete B, Infantil A e Benxamín B.

A xornada ábrea o Benxamín B mañá martes (18:00 horas) na Leyma ante o SCD San Cristóbal B; e péchaa o Cadete B en Abegondo o xoves 2 de maio ante o Racing Villalbés (18:00 horas). Neste último partido, en caso de vitoria branquiazul, amarraría practicamente a 3ª praza do grupo norte da Liga Galega.

Para o mércores queda o resto de encontros. Deles, un só será en Abegondo, a visita do CD Choco ao Infantil A, no último partido da Fase polo Título da Liga Galega.

Para os dous encontros na Cidade Deportiva, os socios do Dépor teñen libre acceso; e o público paga 3 euros.

Xogan lonxe de Abegondo o Deportivo ABANCA B (en Vigo); Xuvenil B (en Vilalba); e Cadete A (en Carballo).

O calendario de partidos desta mini xornada é o seguinte:

Categoria feminina
28ª xornada: CP ALERTANAVIA - DEPORTIVO ABANCA B, o mércores 1 de maio no campo Armando Cajaraville (Samil, Vigo)
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Deportivo ABANCA B, 77 puntos; 2. Viajes InterRías FF, 73 puntos...

Categoría xuvenil
31ª xornada: RACING VILLALBÉS - XUVENIL B, o mércores 1 de maio ás 12:00 no Estadio Roca (Vilalba)
Clasificación da Liga Nacional: ... 2. CD Calasanz, 67 puntos; 3. Xuvenil B, 58 puntos; 4. CD Conxo Santiago e Victoria CF, 56 puntos; 6. Pabellón Ourense CF, 48 puntos...

Categoría cadete
31ª xornada: BERGANTIÑOS CF - CADETE A, o mércores 1 de maio ás 12:00 nas Eiroas (Carballo)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 84 puntos; 2. Cadete A, 77 puntos; 3. Ural CF, 61 puntos...

31ª xornada: CADETE B - RACING VILLALBÉS, o xoves 2 de maio ás 18:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: ... 2. ED Xuventude de Oroso, 73 puntos; 3. Cadete B, 62 puntos; 4. Racing Villalbés, 54 puntos...

Categoría infantil
15ª xornada, última: INFANTIL A - CD CHOCO, o mércores 1 de maio ás 12:00 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Liga Galega, Fase polo Título: 1. Infantil A (xa campión), 42 puntos; 2. RC Celta, 37 puntos...

Categoría benjamín
11ª xornada: SCD SAN CRISTÓBAL - BENXAMÍN B, mañá martes 30 de abril ás 18:00 na Leyma
Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º A Coruña: 1. Benxamín B, 30 puntos; 2. Victoria CF B e ED Luis Calvo Sanz C, 22 puntos...