RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Minutos de xogo tamén para Kevin na segunda cita de España sub-18 ante Suíza

- Foto: @SEFutbol -

A Selección Española sub-18 fixou a súa mirada nun novo canteirán deportivista, Kevin Sánchez (Burgos, 20 de febreiro de 2005).

Este dianteiro do Xuvenil A, que chegou a #ANOSACANTEIRA no seu primeiro ano de categoría cadete procedente do Burgos CF, estivo concentrado até hoxe xoves con este combinado nacional para dous amigables ante Suíza na Ciudad del Fútbol de Las Rozas.

Esta mañá, os españois golearon (4-0) aos suízos. Kevin comezou no banco e no minuto 60 relevou a Juan Enrique Herrero na vangarda hispana.

O pasado martes, Kevin foi titular e disputou 81 minutos, sendo relevado precisamente por Juan Enrique Herrero. O choque acabou en empate (1-1).

Os resultados de Kevin coa selección española sub-18 nesta concentración foron os seguintes:

Martes 8 de novembro
ESPAÑA 1 - SUÍZA 1

Xoves 10 de novembro
ESPAÑA 4 - SUÍZA 0

O regreso de Kevin á Coruña será ao longo da tarde de hoxe e mañá venres porase a disposición de Manuel Pablo para encarar co Xuvenil A o partido de liga na División de Honra en Abegondo ante o CD Covadonga deste sábado 12 ás 16:30 horas.