RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Miralles continuará no cadro de gardametas do Deportivo ABANCA

María Miralles Gascón ampliou o seu compromiso co Deportivo, co que continuará xogando a próxima temporada.

Miralles, que chegou ao Club branquiazul procedente do Villarreal CF o pasado verán, é a gardameta que máis partidos xogou co Dépor ABANCA B que se proclamou subcampión de Primeira Galega no curso recentemente finalizado, no que tamén xogou varios amigables co primeiro equipo.

Con só 21 anos, a porteira castellonenca seguirá mostrando os seus progresos nas filas branquiazuis.