RCD / NOVAS

Miriam, capitá do Deportivo ABANCA, visitará o Campus do 5 Coruña FS Feminino

22/06/2018 13:32

Miriam Ríos, capitá do Deportivo ABANCA, visitará o vindeiro martes 26 de xuño o campus do 5 Coruña FS Feminino, que ten por lema "Cremos no fútbol sala FEMININO. SÓ NOS FALTAS TI".

O acto terá lugar na sede do campus, o polideportivo de Novo Mesoiro, na Coruña, de 19:00 a 20:30 horas.

A defensa deportivista compartirá a súa experiencia no deporte coas nenas participantes neste campus, que se estenderá ademais aos días 28 e 29 de xuño.