RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Miriam, María Corral e Nuria renovan por unha temporada co Deportivo Abanca

A defensa Miriam Ríos, a centrocampista María Corral e a dianteira Nuria Rábano formalizaron a súa continuidade por unha temporada máis no Deportivo Abanca, cara á segunda campaña do equipo feminino na Segunda División Nacional.

Deste xeito, o Deportivo Abanca 2017-2018 xa conta con sete futbolistas confirmadas. As tres renovadas sumáronse á defensa Raquel Béjar, as centrocampistas Tere Abelleira e Kika Moreno e a dianteira Gaby García, que xa tiñan contrato en vigor.