RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Misa e Noelia Villegas, convocadas pola nova selección española absoluta promesas

María Isabel Rodríguez 'Misa' e Noelia Villegas, xogadoras do Deportivo ABANCA, foron incluídas por Montse Tomé na primeira citación da historia da selección española absoluta promesas.

A porteira e defensa branquiazuis forman parte dunha lista de 18 futbolistas que traballarán na Ciudad del Fútbol de Las Rozas durante os días 5, 6 e 7 de novembro.

No curriculum de Misa coas diferentes seleccións españolas hai un título Europeo sub-19 e unha participación nun Mundial sub-20, en 2018, no que alcanzou o subcampeonato.

Pola súa banda, Villegas acudiu a diversas sesións de adestramento das seleccións nacionais sub-16, sub-17 e sub-19, aínda que non chegou a disputar partidos oficiais con ningunha delas.

A Real Federación Española de Fútbol (RFEF) anunciou onte martes a creación da selección absoluta promesas, unha selección que se situará entre a sub-19 e a absoluta.

A selección promesas dá cabida ás xogadoras que acaban a súa etapa nas categorías inferiores e teñen potencial para chegar á absoluta e tamén para as xogadoras que por nivel poderían estar na primeira selección pero por cota non chegan a entrar entre as convocadas en cada concentración.

O funcionamento será como o dun primeiro equipo e un filial, tendo sesións de adestramento simultáneas, podendo disputar partidos de adestramento entre ambas as seleccións.