RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Mista e Valerón comezan a pretemporada o 6 de xullo no Mundo do Fútbol

Os futbolistas do Deportivo Mista e Valerón comezarán a adestrarse na Cidade Deportiva do Mundo do Fútbol, ás órdenes do preparador físico, Eduardo Domínguez, o luns 6 de xullo, xusto unha semana antes que o groso

Tamén regresarán das súas vacacións antes que o resto, aínda que aínda en data aínda por fixar polos Servizos Médicos, Antonio Tomás e Lassad. Ambos finalizaron a campaña lesionados. No caso do dianteiro, as probas detectaron unha microrrotura fibrilar no semi-membranoso da súa perna dereita sufrida no transcurso do partido internacional entre Tunes e Mozambique. Pasou esta semana unhas probas médicas na Coruña e xa se atopa de vacacións en Marsella.

Os que si teñen permiso para prolongar as súas vacacións son Ze Castro e Gardado, que finalizaron onte mércores a súa participación coa Selección de Portugal e de México respectivamente. Os dous xogadores deben durmir na Coruña o sábado 18 de xullo.