RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Modificado o calendario do Benxamín B na Segunda Fase grupo 1º A Coruña, que arranca este sábado

O Benxamín B arranca finalmente este sábado 9 de febreiro (10:30 horas, A Torre) a Segunda Fase do grupo 1º A Coruña, co AD Peñarredonda A como primeiro rival.

A Delegación Coruñesa da Federación Galega modificou o calendario inicialmente aprobado o pasado mes de xaneiro. Ademais do Benxamín B, integran agora esta competición os seguintes equipos: SCD San Cristóbal B, Galicia Gaiteira, CD Ciudad, Victoria CF B, Santa María del Mar A, ED Luis Calvo Sanz C, CD Calasanz B, Ural CF B, Compañía de María A, AD Peñarredonda A, Atlético Coruña Montañeros CF B, Sporting Coruñés C, Imperátor OAR B, Ural CF C e CD Calasanz C.

O formato de competición é o de liga a unha soa volta.

O calendario definitivo do Benxamín B que dirixe Álvaro Rodríguez é o seguinte:

Xornada 1 (09/02/2019, 10:30 na Torre)
Benxamín B - AD Peñarredonda A
Xornada 2 (16/02/2019)
Sporting Coruñés C - Benxamín B
Xornada 3 (23/02/2019)
Benxamín B - Ural CF C
Xornada 4 (09/03/2019)
Galicia Gaiteira - Benxamín B
Xornada 5 (16/03/2019)
Benxamín B - Victoria CF B
Xornada 6 (23/03/2019)
ED Luis Calvo Sanz C - Benxamín B
Xornada 7 (30/03/2019)
CD Calasanz C - Benxamín B
Xornada 8 (06/04/2019)
Benxamín B - Compañía de María A
Xornada 9 (13/04/2019)
Atlético Coruña Montañeros CF B - Benxamín B
Xornada 10 (27/04/2019)
Benxamín B - Imperátor OAR B
Xornada 11 (01/05/2019)
SCD San Cristóbal B - Benxamín B
Xornada 12 (04/05/2019)
Benxamín B - CD Ciudad
Xornada 13 (11/05/2019)
Santa María del Mar A - Benxamín B
Xornada 14 (25/05/2019)
Benxamín B - CD Calasanz B
Xornada 15 (01/06/2019)
Ural CF B - Benxamín B

O conxunto deportivista acabou o pasado mes de xaneiro a Segunda Comarcal A Coruña á fronte da táboa, con 25 puntos; por 24 puntos do ED Luis Calvo Sanz C, segundo clasificado.