RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Molina cre que o Madrid foi mellor ´porque marcou dous goles´

José Francisco Molina compareceu esta mañá na sala de prensa da Cidade Deportiva de Abegondo "O Mundo do Fútbol". O gardameta valenciano, brillante no Santiago Bernabéu, cre que "o Real Madrid foi mellor que nós porque marcou dous goles e nós só un". M

O porteiro deportivista quitou tamén ferro á discusión entre Beckham e Scaloni: "Non hai que darlle máis importancia", indicou, á vez que tampouco quixo resaltar a súa actuación individual: "No fútbol o que contan son os resultados. Por moito que ti xogues ben, se non ganas, non vale absolutamente de nada. Por iso da miña actuación persoal prefiro non falar", concluíu.