RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Molina: Espero estar pronto de volta

O gardameta deportivista Jose Francisco Molina deixa temporalmente a cidade herculina para ser tratado en Valencia dun tumor. Este mediodía Molina, arroupado polo presidente do Deportivo e os servizos médicos do Club, despediuse temporalmente da afección

O xogador ofreceu unha rolda de prensa en Riazor na que explicou que hai un ano foi intervido nun testículo dun tumor e desde entón todos os controis deron negativo ata o pasado xoves. Tras o control decidiuse que hai que tratalo e, segundo explicou o Doutor Cobián, en función da valoración que se lle faga en Valencia, o tratamento é o de quimioterapia, variando o número de sesións en función da valoración dos doutores.

O xogador será tratado no Instituto Valenciano de Oncoloxía "mañá veranme, someteranme a probas e eles planificarán o tratamento."

Molina mostrouse moi agradecido aos doutores do Club e ao Deportivo da Coruña e desexou sorte esta tempada ao equipo. "Foime imposible despedirme deles, aproveito desde aquí para facelo".

O presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, desexou moita sorte ao xogador e asegurou "el vai facer todo o que estea na súa man para que a recuperación sexa rápida e o mellor posible e sabe que ten ao Club á súa disposición para todo o que necesite" e engadiu "leva tres anos connosco, quedan outro tres máis e esperemos que moitos máis".