Molina: Estou contento, pero hai que seguir traballando
José Molina, un dos protagonistas do partido ante o Atlético de Madrid en Riazor,
someteuse ás preguntas dos medios de comunicación:-Ata o momento cero goles en dous partidos -só o Barcelona iguala co
Dépor en tantos encaixados, ningún-, e Caparrós di que o ve gañando o
Trofeo Zamora.-Non entro neste tipo de cousas cando queda tanto por xogar.
canaldeportivo, A Coruña12/09/2005 10:34
-Víuselle ante o Atlético moi metido no partido. -Estou a atoparme moi ben, pero o máis importante é que o equipo está
a gañar. Estou contento polo resultado do equipo, pero temos que seguir
traballando.
-Que opinión merécelle a actuación do árbitro e a última xogada que acabou no
gol de Capdevila? -Non creo que teña motivos de queixa o Atlético de Madrid. O gol foi legal. Non
vexo máis que unha disputa por un balón. É máis, atrévome a dicir que hai penalti
de Valera a Capdevila por un agarrón previo.
-No choque ante o equipo colchoneiro non deixou de dar instrucións e de dialogar
cos seus compañeiros. Está vostede máis comprometido? -Sempre tento facer o mellor para o equipo. En canto ás ordes e
instrucións, son cousas do xogo.
-Dúas xornadas e seis puntos. Que opinión merécelle esta estrea? -Pois que os resultados son froito do traballo. Está claro que no fútbol,
quen pelexe, traballe? e que ademais teña calidade, claro, é o que leva o
gato á auga. E isto é o que tentamos nós cada día. Queremos xogar nun
equipo grande e importante.
-Váiselle a facer raro un mércores sen Champions League, despois de tantos
anos? -Gañámonolo/Gañámosnolo despois de facer unha mala tempada. Agora toca
traballar para poder volver o ano que vén.
-Que cambiou Caparrós no descanso no partido ante o Atlético? -Son cousas que deben de quedar no vestiario. De todos os xeitos, eu non vin tanta
diferenza entre o primeiro tempo e o segundo
O Deportivo adestrouse esta mañá en 'O Mundo do Fútbol'. Mañá
sábado ás 10:30 en Abegondo, o persoal realizará a última sesión de traballo
antes da visita do Vilarreal, este domingo ao cinco da tarde
en Riazor. Na sesión de hoxe Munúa e Taborda adestraron practicamente ao mesmo nivel
que o resto do grupo. Só faltou Iván Carril, que cun proceso vírico,
quedou no seu domicilio.
O Diario Marca publicou o pasado martes unha estatística segundo a cal o
porteiro internacional do Deportivo, José Francisco Molina, é o quinto porteiro
máis efectivo da liga, cun 75% de acerto respecto dos chuts a portaría.
O líder deste peculiar ranking é o colchoneiro Leo Franco, cun 80% de acerto..
José Francisco Molina, xa un dos porteiros menos goleados da
categoría, con tres tantos encaixados en catro partidos, compareceu esta mañá
na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'.
-Que impresións saca do partido de onte?
-Pois boas. Púidose gañar, pero tamén puidemos perder.
Foi creo que un resultado xusto.