RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Molina: Moitas grazas a todos<br>O xogador atópase moi ben de ánimo

Jose Molina recibiu a alta médica e este mediodía ofrecía unha rolda de prensa cos Doutores Guillem e Cobián en Valencia. O porteiro deportivista mostrouse feliz coa súa recuperación "é a noticia que estiven a esperar durante tres meses" e manifestou atop

Molina, tamén tivo palabras para a xente que atravesa momentos difíciles debido á enfermidade que el mesmo padeceu e superou "quero mandar todo o meu apoio e nin ánimo á xente que loita contra esta enfermidade. Mándolles moita forza e ánimo e espero que todo lles vaia ben. É unha enfermidade dura, pero pódese saír adiante, loitando moito. Moito ánimo e adiante".

"De ánimo estou moi ben. O mellor que teño agora mesmo é o ánimo" -asegurou- "Foi duro, fisicamente, non foi fácil, pero psicoloxicamente foi aínda máis duro", e explicou como transcorreron estes meses con sesións de quimioterapia de cinco días, despois "catro ou cinco días nos que o pasaba mal" e despois tentando traballar un pouco para non perder toda a forma cos preparadores físicos "pero sen gran nivel de esixencia".

O Doutor Guillem explicou que o xogador "recibiu o mesmo tratamento que todos os pacientes co mesmo cadro clínico" e sinalou "a resposta non puido ser mellor, tras o segundo ciclo de quimioterapia comprobamos a remisión completa e tras o cuarto corroborouse. Dáselle a Alta médica" e quixo ademais "felicitalo pola súa recuperación, é un paciente exemplar. E felicitar ademais ao mundo do fútbol porque recuperou a un gran xogador e unha gran persoa".

O Doutor Cobián, á súa vez, explicou que o xogador se incorpora ao Deportivo o día 20 "con traballo específico cos readaptadores do equipo e supervisado polos servizos médicos" pero aclarou que non se pode falar de datas concretas "non temos datos, todo dependerá en función de como se vaia atopando el, da resposta que vaiamos vendo día a día".

O xogador ofrecerá unha rolda de prensa o fin de semana na Coruña.