RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Molina: Non me preocupa o máis mínimo a chegada de reforzos

O Deportivo traballou esta mañá en 'O Mundo do Fútbol' coa ausencia do internacionais -Romeu, Víctor, Valerón e Andrade- e dos lesionados -Diego Tristán, Héctor e Fran-. Pola tarde, o persoal está citada ás 18:45 nun adestramento no que a gran novidade

Serán os habituais -Dani Cancela, Xisco e Pita- aos que se unirán os centrais Antonio, Roberto Amoedo e David Rei; e os mediapuntas Pablo Fernández e David Vidal.
Ao finalizar a sesión, dedicada fundamentalmente ao aspecto físico e ao traballo táctico, Jose Molina compareceu na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. A meta valenciano asegurou que "non lle preocupa o máis mínimo a chegada de reforzos. Temos un persoal con xogadores importantes para estar arriba". Sobre Osasuna, afirmou que "sempre é un equipo moi complicado" e expresou o seu desexo de empezar a liga en Riazor gañando, "aínda que o importante tamén é acabar ben".
Respecto ao incidente de onte entre Luque e Pandiani, Molina expresou o sentir do vestiario deportivista: "Nin nos acordamos. Hoxe adestramos normalmente todos, lemos os xornais, nos escojonamos de risa..." Da mesma opinión foi César, o outro futbolista que compareceu ante os medios informativos: "Para nós é algo que xa pasou. Está totalmente esquecido e xa nin lle damos a menor importancia".