RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Molina: Para ben ou para mal, o fútbol é presente

Molina compareceu esta mañá na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol' e respondeu as preguntas dos medios de comunicación: -Como che atopas despois do partido do Milan? -Ben. Contento e orgulloso por superar un escollo i

-Despois de sufrir en Europa o que sufristes este ano, o partido de Mónaco, o de Holanda, ante o PSV, no que nun intre estivestes eliminados... Está xa por diante a liga de Campións á liga?
-Está claro que é máis fácil gañar a liga de Campións que a liga. Pero quedan tres equipazos e non por eliminar ao Milan temos xa o camiño feito. A mesma euforia están a vivir en Londres co Chelsea, co Mónaco ou no Porto. Dirán, de moito nabo, eliminaron ao Milan, xa estamos na final.
-Como afrontais o partido de Vilarreal?
-Debemos de afrontalo con seriedade e concentración. Ao meu persoalmente non me gusta ir a un campo a facer o ridículo nin a que me pasen por encima.
-Ves aos teus compañeiros moi cansos?
-O cansazo cando se gaña leva moito mellor.
-As Casas de Apostas inclínanse xa polo Deportivo na liga de Campións.
-Non me preocupa en absoluto. Esa xente o que quere é gañar diñeiro.
-Se gañades a Champions, algunha promesa?
-Non son moito desas cousas. Se de verdade quedamos campións, xa me sairá no momento como celebralo.