RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Molina:<br>"Temos ganas de vencer ao Mónaco e dedicarlle a vitoria aos afeccionados

José Francisco Molina compareceu esta mañá ante os medios informativos en 'O Mundo do Fútbol'.-Partido en Santander. -En principio sábenos ben porque empatamos no desconto. Pero o certo é que puidemos gañar e puidemos perder tamén.

-O mellor do encontro outra vez.
-Non se se é bo ou malo que os porteiros sexan os mellores do equipo, aínda que loxicamente non entro eu a valorar se son o mellor ou non. O que si nos sucede é que se non chegamos a ter algún que outro fallo en defensa estariamos seguro en zona de Champions.

-Esta liga é a do Barça e dez máis?
-É o que mellor xoga ao fútbol agora mesmo. Ademais, está a entrar nunha dinámica boa para eles que parece que gañan todo o que xogan e ninguén é capaz de gañarlles. Pero isto é unha liga...

-Envexa sa do Barça?
-Tendo en conta que a envexa de seu eu véxoa como algo negativo, non teño reparos en comentar que si teño envexa dos rivais que están mellor que eu deportivamente.

-Como afrontades o partido de Liga de Campións?
-Pois coas ganas de gañar e dedicarlle o triunfo á afección.

-Esperades algún tipo de recibimento positivo ou negativo por parte dos afeccionados?
-Xa me referín nunha ocasión á afección. Temos que ofrecerlle bo xogo e resultados para que nos apoien.

-Ansiedade por estar xa en zona de Champions?
-Non. Aínda que loxicamente queremos estar canto antes o máis arriba posible.

-Hai un sentimento de desquite co Mónaco?
-Eu non o teño. Ninguén nos vai a quitar o 8-3.

-Algún favorito para pasar?
-Se non somos nós, dáme igual quen sexa.