RCD / NOVAS

Mollejo e Montero, primeiros internacionais en incorporarse aos adestramentos co Dépor

16/10/2019 14:00

Os españois Mollejo e Montero foron esta mañá os primeiros internacionais en incorporarse aos adestramentos co Deportivo, na que foi a súa primeira toma de contacto con Luis César Sampedro.

Tanto o atacante como o central completaron toda a sesión matinal con normalidade. Mollejo chegou onte pola tarde á Coruña após 2 partidos de titular coa sub-19: o primeiro deles case completo (foi relevado no minuto 90), e o segundo con 54 minutos de xogo.

Pola súa banda, Montero foi suplente no partido de onte en Montenegro da sub-21; e disputou os últimos 15 minutos do amigable en Cartaxena ante Alemaña.

A viaxe de regreso do defensor foi máis complexa. Saíu onte de Pogdorica, capital montenegrina, á primeira hora da noite; aterrou no Aeroporto de Barajas Adolfo Suárez ás 3.30 da madrugada; e, ás 7:00, colleu outro avión que á primeira hora da mañá aterrou no Aeroporto da Coruña, co tempo xusto para chegar a Abegondo para almorzar co resto dos seus compañeiros.

Só faltan por regresar Lampropoulos e Gaku, que ten a viaxe de regreso máis longa, desde Tadxiquistán.

Con estas dúas ausencias; unidas ás de David Simón, Somma, Koné, Luis Ruiz e Salva Ruiz todos eles con adestramento específico, o técnico deportivista realizou unha serie de exercicios tácticos no campo 2.

Para iso, Luis César contou ademais cos fabrilistas Boian, Eimil, Valín, Bourdal, Mujaid, Martí Vilà, Reinoso, Kanouté e Gandoy.

Esta tarde a partir das 17:00 horas, o cadro volve ao traballo en Abegondo.

RCD / AXENDA

13 NOV

Mércores 11:00 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

14 NOV

Xoves 11:00 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

15 NOV

Venres 10:00 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

16 NOV

Sábado 16:00 Estadio Francisco de la Hera

Partido

Xornada16 Extremadura UD - RC Deportivo

23 NOV

Sábado 18:00 Estadio ABANCA-RIAZOR

Partido

Xornada17 RC Deportivo - AD Alcorcón