RCD / NOVAS

Mollejo: "Na segunda parte demostramos que sabemos xogar ao fútbol, que sabemos facer as cousas ben"

21/06/2020 15:16

Víctor Mollejo foi o protagonista hoxe domingo na sala de prensa de Abegondo, minutos antes de arrincar o adestramento diario do Deportivo.

O atacante branquiazul extrae do partido de onte a consecuencia de que "temos unha parte mala e outra parte que xogamos ben a fútbol, atacamos e sacamos cousas".

Do choque destaca que "na primeira parte púxosenos costa arriba cun gol no segundo 30 e é complicado para nós. Logo encima vén o meu erro que é o 0-2 e toda a primeira parte pásala costa arriba. Ao final demostramos na segunda que sabemos xogar ao fútbol, que sabemos facer as cousas ben. Eu quédome con esa segunda parte para saír reforzados de cara aos seguintes partidos".

Preguntado polos cambios de sistema durante os partidos, recalca que "cantas máis formacións manexe un equipo máis completo será. Temos que ter claro que todos que temos que facer en cada formación. Ás veces xogamos de 5 e non nos saen ben as cousas. Cambiamos a 4 e todo parece que vai ben como foi o día do Oviedo. Onte empezamos de 4 e fatal. Pómonos de 5 na segunda e o equipo cambia. Temos saber atopar ese equilibrio nin tan ben unha cousa e tan mal outra. Atopar un equilibrio, ser un equipo máis sólido e que teña as cousas máis claras. O que decida o míster nós imos a matar con el pero debemos ter todos moito máis claro o que temos que facer".

Mollejo subliña que nesta recta final após a pandemia "os partidos son longos. Nós temos que atopar ese equilibrio de nin saír coa caraja na primeira parte nin na segunda saír como avións. Temos que atopar ese equilibrio, aguantar o partido ben e saber xestionar os nosos esforzos. Agora estase notando moito que a xente se cansa antes, que todo vai un pouco máis lento. Eu confío en que o equipo aos poucos vaia collendo ese ritmo. Co paso dos partidos, esas carajas iniciais vanse a ir indo".

A nivel persoal viviu un partido con moitas emocións. O futbolista branquiazul indica que "antes do gol estaba a sentirme moi cómodo. Empezamos perdendo pero sentíame cómodo con balón, con confianza. Tamén polo partido de Oviedo. Fallei e caéume o mundo encima porque non estamos nunha situación para ter ese tipo de fallos. Unha vez feito tentei pensar no que segue, no partido. Os compañeiros animáronme e eu tampouco sentía a necesidade de que me fixese falta, porque estaba ben. Na segunda parte saín coma se fose outro partido e por sorte puiden facer o gol para emendar un pouco o meu fallo".

En canto á súa posición no terreo de xogo, onte arrincou o choque de atacante e na segunda parte actuou como lateral, advirte que "cando xogo de carrilero o sistema (de 5) vénme moi ben porque aproveito ben os espazos e estou menos vixiado. Así foi o gol. Tamén tiña a seguridade e o respaldo de que tiña por detrás a 3 centrais máis Uche que quedaba ancorado aí. Un sobe moito máis tranquilo desa forma".

Máis novas de: MOLLEJO