RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mollejo non regresa á Coruña e incorpórase á concentración da selección española sub-19

O deportivista Víctor Mollejo foi convocado pola selección española sub-19 para xogar un amigable ante Italia este mércores 15 de xaneiro na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

Esta convocatoria non afecta os plans de Fernando Vázquez, posto que o atacante branquiazul está sancionado en liga por acumulación de amoestacións, ao recibir o quinto cartón amarelo en Soria hai unha semana, e non poderá xogar fronte ao Real Racing Club en ABANCA-RIAZOR o xoves 16 de xaneiro (19:00 horas, Movistar LaLiga) na seguinte cita en LaLiga SmartBank.

Mollejo non regresou esta tarde á Coruña de Salamanca coa expedición branquiazul e viaxou a Madrid para concentrarse con España.