RCD / NOVAS

Monólogo do Deportivo ABANCA ante o Gijón FF

28/10/2018 14:25

Se a pesar de recibir 7 goles, a xogadora máis destacada do Gijón FF foi a súa porteira Eva, describe perfectamente o encontro en Abegondo entre o Deportivo ABANCA e o cadro xixonés (7-0), correspondente á 7ª xornada no grupo 1º de Segunda Nacional.

A outra protagonista do choque foi a dianteira deportivista Gaby, autora de 5 tantos. Alba Merino e Érika completaron o marcador.

O dominio foi total e absoluto das pupilas de Manu Sánchez, que aproveitou a superioridade técnica e física do seu equipo técnica para dar minutos, ben de inicio ou ben saíndo desde o banco, a futbolistas novos e de gran proxección, como Carlota, Alba Suárez ou Patri López.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA suma 19 puntos, a 2 puntos do líder, o Oviedo Moderno CF, que ten 21 puntos.

Deportivo ABANCA: Miralles, Cris, Silvia Mérida, Miriam, Érika, Alba Merino, Alba Suárez, Peke, Gaby, Michelle Romero y Nuria. También jugaron: Patri López, Carlota, Ali y Kika.

A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA visita ao CD Valladares.

A temporada transcorre así para o Deportivo ABANCA:

Deportivo ABANCA 2 (Lía e Peke) - PM Friol CD Lugo 2
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa, Michelle Romero, Peke, Iris, Lía, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 9 (Peke, Érika, Teresa, Iris -3-, Silvia Mérida e Kika -2-) - CD Monte 0
Atlético Arousana 0 - Deportivo ABANCA 8 (Érika, Peke, Teresa -2-, Gaby -2-, Carlota e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 5 (Gaby -2-, Miriam e Kika -2-) - CDE Rácing Féminas 1
Sporting de Gijón 3 - Deportivo ABANCA 4 (Michelle Romero -2-, Peke e Alba Merino)
Deportivo ABANCA 7 (Gaby -5-, Alba Merina e Érika) - Gijón FF 0