RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Montero acode mañá mércores á chamada da selección española sub-21

Francisco Javier Montero foi convocado pola selección española sub-21 para dous partidos clasificatorios para o Campionato de Europa da categoría.

Este xoves 14 de novembro (19:45 horas), España recibe a Macedonia no Estadio Municipal de Santo Domingo en Alcorcón.

E o martes 19 (19:30 horas), a selección española visita a Israel, nun partido que se xogará no Ramat Gan National Stadium de Ramat Gan.

Montero xa era baixa segura ante o Extremadura UD este sábado 16 de novembro no Estadio Francisco da Hera (16:00 horas, Movistar A liga) debido a un partido de sanción por acumulación de amoestacións.

Lampropoulos, concentrado con Grecia

Vassilis Lampropoulos foi citado pola selección de Grecia para dous partidos oficiais, clasificatorios ambos para a Eurocopa 2020.

O combinado heleno visitará Armenia o venres 15 de novembro (21:00 hora local, 18:00 en España) no estadio Republican Vazgen Sargsyan do seu capital Yerevan; e, o luns 18 (21:45 hora local, 20:45 en España) , recibe no Estadio Olímpico de Atenas a Finlandia.

A selección grega, xa sen opcións de clasificación directa, necesita gañar ambos os encontros para ter algunha posibilidade de disputar os playoffs.

Así pois, o central branquiazul será baixa obrigada en Almendralejo este sábado.

Gaku xoga con Xapón en Kirguizistán

Gaku Shibasaki tamén foi convocado para dous partidos coa selección de Xapón.

O combinado nipón visita a Kirguizistán o xoves 14 no Estadio Dolen Omurzakov (17:15 hora local, 12:15 en España) da capital Bishkek. O choque é clasificatorio para o Mundial 2022 de Qatar e a Copa de Asia 2023 de China.

Así mesmo, o martes 19, Xapón recibe a Venezuela nun encontro amigable que se xogará no Panasonic Stadium da cidade de Suita, ás 19:25 horas (11:25 en España).

Por este motivo, Gaku tampouco estará a disposición de Luis César para o encontro ante o Extremadura UD.