RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Montero en lugar de Ba, única novidade na convocatoria de 23 para o partido ante o Rayo

O central deportivista Montero, que non viaxou a Oviedo o pasado martes, regresa á convocatoria para o partido de mañá sábado 20 de xuño en ABANCA-RIAZOR ante o Rayo Vallecano (17:00 horas, Movistar LaLiga), correspondente á 34ª xornada de LaLiga SmartBank.

Caen da convocatoria de maneira forzosa Jovanović, por precaución despois de adestrar hoxe xa co grupo; e Abdoulaye Ba, neste caso debido a unha cláusula no seu contrato de cesión do Rayo Vallecano.

No adestramento desta mañá, de pouco máis dunha hora de duración, após un quecemento e uns rondos, Fernando Vázquez dispuxo fútbol en espazo reducido, co cadro dividido en varios equipos. Un partido a metade do campo 2 puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede.

O equipo concéntrase mañá sábado, día do partido; e volverase a adestrar o domingo ás 11:00 na Cidade Deportiva.