RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Montero: "O míster cre, nós cremos. Imos todos na mesma liña"

Francisco Javier Montero pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo nada máis finalizar o adestramento do primeiro equipo.

O central branquiazul lembra que o Dépor "está en construción. Somos moitos novos. Ao principio custa pero no último partido, ante o Albacete, estivemos moi ben, concedemos moi poucas ocasións de gol e o equipo aos poucos vai collendo a forma".

Preguntado polos resultados, o futbolista andaluz non ten dúbida: "O míster cre, nós cremos. Imos todos na mesma liña e conseguirémolo ao final. O grupo está moi ben, moi forte, moi seguro de todo. Ímolo a conseguir. Tranquilidade, paciencia".

De cara ao encontro de mañá domingo 15 de setembro (21:00 horas, GOL), cualifica de "un campo difícil" o Molinón, ante un rival, o Sporting de Gijón, que "está ben agora mesmo". "Baséase todo en que todos vaiamos a unha, con traballo. Estamos moi fortes e con ganas de gañar mañá", engade.

Aínda que admite "un pouco de ansiedade" dada a situación clasificatoria actual do Dépor, Montero reitera que "se cre no que se está facendo. Todos sabemos que ao final o imos a facer. Somos un equipo novo totalmente. Agora mesmo levamos 3 ou 4 xornadas nas que ademais non temos esa sorte. Pero iso é unha mala serie que hai que cortala".

A receita do defensor deportivista é ser "un bloque sólido; e correr, correr e correr. Non hai outra. Se non se corre, se non se traballa, non se logran os resultados. Con traballo e empeño sae todo".