RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Montero: "Seguimos igual que cando tivemos a boa xeira; igual de fortes, confiados en nós mesmos"

Francisco Javier Montero pasou esta mañá pola sala de prensa de Abegondo.

O central deportivista asegura que o Deportivo afronta o encontro deste sábado 7 de marzo no Estadio de los Juegos Mediterráneos ante a UD Almería (21:00 horas, Gol) "da mellor maneira, traballando sobre o rival".

Recalca que "nos dá igual o rival. Imos alí a Almería neste caso a gañar, a traernos os 3 puntos".

Recoñece que "nos vén ben" o nerviosismo que poida ter a UD Almería, que non atravesa unha boa xeira de resultados, "pero nós non nos fixamos niso", engade. "Imos alí a traernos os 3 puntos para A Coruña", insiste.

Sevillano de nacemento, Montero, que estará acompañado na bancada por moitos dos seus familiares, confesa que o encontro en Almería é "un pouco especial para min. É un mini derbi".

Preguntado pola baixa de Somma, o central branquiazul apunta que "era un bo compañeiro, un traballador, un loitador. Claro que se lle bota de menos. Calquera xogador que non estea por lesión, sempre se lle bota de menos. A calquera".

A pesar destes 3 últimos partidos sen gañar, que non impiden que o equipo sexa o líder da clasificación de LaLiga SmartBank se atendemos só á segunda volta, ve necesario "seguir igual, non virse abaixo. O fútbol gáñase, pérdese e empátase; pero sempre hai que levantarse cada día, adestrar ben, enfocarse no rival e no seguinte partido".

É máis, apunta que o equipo "segue igual, igual que cando tivemos esta boa xeira, igual de fortes, confiados en nós mesmos, pensando no próximo partido, con ganas de que chegue".

A nivel persoal, titular indiscutible desde a chegada de Fernando Vázquez, admite "estar moi ben".

E precisamente do técnico galego, Montero confesa que "me trata con moito agarimo. Eu téñolle moito aprecio e agradézollo moitísimo".

Sorprendeulle "a confianza que me mostrou, como traballa, o próximo que é. É diferente", conclúe.