RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Morel: O fin de semana temos que gañar en casa como sexa

Polos diferentes ensaios da semana no Mundo do Fútbol, Claudio Morel apunta ao once inicial. "O fin de semana temos que gañar en casa como sexa", di o mundialista paraguaio, consciente de que agora "temos que demostrar que somos home

Morel, na sala de prensa do Mundo do Fútbol, prefire ser cauto sobre as súas opcións de xogar de inicio o domingo en Riazor ante o Vilarreal: "O míster non confirmou nada e un traballa para tratar de axudar ao equipo. E máis cando pasan estas cousas. A situación é difícil pero uno traballa para achegar o seu granito de area. Se me toca xogar, tratar de facelo da mellor maneira, sobre todo despois de tanto tempo".

O lateral zurdo deportivista reflexiona sobre a súa chegada ao Deportivo: "Non é o mesmo facer unha pretemporada cun preparador físico que non con todo o grupo. Cheguei con poucos días e iso xogou no meu contra. O que pasou xa está. E síntoo que sexa así. Hoxe en día xa coñezo os raparigos, estou máis integrado e fisicamente mellor".

Lembra que "na miña carreira non sempre fun titular. Coa experiencia, despois de gañar todo en Arxentina, ninguén ten o posto asegurado. Un ten que respectar as decisións do míster e seguir traballando. Non baixar os brazos".

Asegura que ten "ganas de demostrarme a min mesmo de que podo xogar. Tamén aos que me trouxeron e á afección. Desde que cheguei xoguei moi pouco e non ao meu mellor nivel. Quero xogar e quero ter continuidade. Pero iso lógrase traballando día a día e demostrando o fin de semana".