RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Mosquera, Borges e Lux piden tranquilidade a pesar da derrota

O tres futbolistas que se pasaron pola zona mixta do Estadio Cornellá - O Prat piden tranquilidade después desta derrota ante o Espanyol.

Así, Pedro Mosquera opina que o Deportivo, tras esta derrota, "ten que mirar onde mirou sempre, á permanencia".

O centrocampista coruñés pide tranquilidade: "Hai que estar tranquilos. Hoxe o equipo xogou ben. Na segunda parte si que é verdade que apertaron un pouco máis eles. Tivemos que recompor todo o equipo, coas baixas, a de Lucas e o que pasou durante o partido".

Pola súa banda, Celso Borges, que regresou ante o Espanyol ao once inicial, manifestou que "non podemos baixar os brazos, perder a cabeza. Ás veces o fútbol é así e danse eses refachos que son complicadas".

O internacional costarriqueño cre que "temos que seguir crendo no noso traballo e a razón pola cal estivemos a puntuar antes".

Borges subliña que "nos adestramentos temos que mirar que podemos facer mellor e ir arranxando un par de cosillas que nos fan falta. Moito traballo e non caer nun ambiente negativo".

Finalmente, Poroto Lux dixo que "sabiamos que nos iamos a atopar cun partido complicado porque temos experiencia nesas situacións, de vivilo tamén nós moitos anos. O partido ía ser con moita intensidade. Eles sabiamos que ían saír a por o partido. En liñas xerais, a sensación que teño é que fomos superiores, tivemos o balón moito tempo, pero non tivemos profundidade e non fixemos tanto dano".

Insiste o internacional arxentino que "as sensacións nosas son boas, pero queremos gañar, queremos que se nos dea un partido redondo tamén e poder sumar o tres puntos". "O equipo vén ben, vén traballando moi ben, competimos todos os partidos", engade Lux.