RCD / NOVAS

Mosquera e Juanfran entregarán premios e atenderán aos deportivistas o luns ás 19 h. en Marineda City

25/02/2018 19:56

Os xogadores do Dépor Juanfran Moreno e Pedro Mosquera participarán na entrega dos premios aos seguidores deportivistas organizada por Marineda City entre todos os seus clientes as últimas semanas. Os gañadores, que xa gozaron esta fin de semana do partido do Deportivo en Abanca-Riazor, recollerán os seus premios de mans dos capitantes branquiazuis na DéporTienda.

Ademais, aproveitando a presenza de Juanfran e Mosquera para esta entrega de premios, todos os deportivistas que o desexen, poderán saudar, pedir autógrafos e fotografarse cos xogadores do Dépor a partir das 19:00 horas na DéporTienda do corredor de deportes, planta 1, de Marineda City.

Máis novas de: PEDRO MOSQUERA, JUANFRAN