RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mosquera: "Equivocariámonos se pensásemos que temos a permanencia xa feita"

Pedro Mosquera respondeu os medios de comunicación na sala de prensa de Abegondo.

Non ocultou a súa preocupación por unhas molestias musculares que arrastra: "Levo bastantes semanas arrastrando molestias. Tentei ir forzando para todos os partidos, ata que me deron a alta médica. O outro día xoguei picado (cun analxésico xeral) e agora sigo con molestias".

Os Servizos Médicos realizaranlle unha nova resonancia magnética mañá xoves pola tarde para valorar o estado da cicatriz da lesión do recto anterior e decidir a actitude a seguir. Por esta razón, sobre a súa participación no encontro deste domingo 23 de abril en Anoeta ante a Real Sociedade (12:00 horas, Bein Sports), un dos capitáns deportivistas prefire ser cauto: "Hai que esperar a ver como transcorre a semana. Hoxe fixen o adestramento normal. Pero si é verdade que teño molestias. Temos que valorar se me pode prexudicar nun futuro ou non".

Tras a vitoria ante o Málaga, Pedro ve á xente "moi contenta porque era un paso vital para nós gañar en casa, ademais polos resultados que vistes dos rivais que temos polo descenso. Estamos a 9 puntos máis golaverage e esperamos pechar (a permanencia) canto antes".

Advirte, iso si, que "nos equivocariamos se pensásemos que temos a permanencia xa feita. É verdade que o outro día demos un paso moi importante pero os rivais de abaixo, sabemos por experiencia doutras tempadas, sacan moitos puntos nos últimos partidos. Ao final estamos a 9 puntos pero nas próximas semanas poida que esta vantaxe recórtese. E cando quedan menos partidos, as urxencias son maiores".