RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mosquera mostra a súa alegría polo papel dos canteiráns nesta pretemporada

Pedro Mosquera e Róber atenderon aos medios de comunicación ao finalizar o Memorial Antonio Meirás ante o Silva.

Así, o capitán deportivista mostrouse contento polo que está a ser "unha boa toma de contacto neste inicio da pretemporada".

Ademais, Mosquera subliñou que os canteiráns "o están facendo ben, están a pelexar. Canto máis haxa no primeiro equipo, moito mellor".

Precisamente un dos da casa, o central coruñés Róber, destaca as "boas sensacións de equipo en xeral. Estamos a practicar cousas e están a saír ben".

En canto ao seu futuro, recoñeceu o "interese real" do Levante, equipo no que estivo cedido a pasada temporada. "Aquí estou a gusto tamén. As dúas opcións serían ben", recalca.