RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mosquera ve ao Dépor "a tope, adestrando ao cento por cento. A xente está agora moi enchufada"

Pedro Mosquera, coruñés e un dos capitáns do Deportivo, afirmou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que afronta #ONOSODERBI deste domingo 19 de marzo en Riazor (18:30, Bein Sports) "con moita ilusión. E sobre todo a xente que somos de aquí aínda máis porque sabemos o que significa".

Opina que neste tipo de partidos "non hai favoritos. Xogando na casa, coa dinámica que temos agora, temos que facer un bo partido. As sensacións son boas. Para min, nós estamos nun moi bo momento".

Cre que "o equipo está moi ben animicamente, tamén apoiado polos últimos catro resultados, que eu creo que foron positivos. A xente está a tope, está a adestrar ao cento por cento. A xente está agora moi enchufada, tentando porllo difícil ao míster".

Lograr o tres puntos o domingo, a xuízo de Pedro Mosquera, suporía "pechar un ciclo de quince días desde que está o novo adestrador moi bo, moi positivo, sumando en todos os partidos dos últimos que xogamos. E sobre todo seguir mantendo a distancia coa xente de abaixo, que seguro que a final de temporada empeza a gañar partidos".

Do Celta, apunta o centrocampista branquiazul que "ten moi bo equipo. Xa sabemos o que é o Celta, xoga moi ben o balón. Na Europa League están a facelo moi ben e na liga tamén. Será un rival moi complicado. Imos ter que facer un bo partido para gañarlles".