RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mosquera viu ao Dépor "superior" e David Simón cre que "o equipo competiu ben"

David Simón e Pedro Mosquera atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Estadio de La Rosaleda.

O capitán deportivista opina que "fomos mellores que o Málaga sobre todo con balón. Tivemos moito balón e xogamos moito tempo no seu campo".

Recalca que agora "este punto témolo que facer positivo en ABANCA-RIAZOR".

A nivel particular, confesa que "quería estar como fose neste partido porque era moi importante. Por iso arrisquei un pouco. Grazas a deus non me resentín".

Pola súa banda, o lateral canario botou en falta "un pouco de fe, ser máis cabrón" para que o marcador fose outro, aínda que recalca que "competimos todos moi ben. Fixemos un bo partido".

Preguntado por unha xogada na primeira parte na que o público de La Rosaleda pediu penalti por man, David Simón ten claro que non foi pena máxima: "Tiña a man pegada ao corpo. Non é penalti".