RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mujaid inicia mañá venres con España sub-18 os Xogos do Mediterráneo

O central xuvenil do RC Deportivo, Mujaid Sadick, foi convocado pola Selección Española sub-18 para disputar a 18ª edición dos Xogos do Mediterráneo.

O combinado nacional, dirixido por Luis de la Fuente, debuta mañá venres 22 de xuño ante Alxeria ás 13:00 horas, no Estadio Municipal de Calafell.

España quedou encadrada na Primeira Fase no grupo A, con Alxeria e Macedonia. O seu calendario de partidos é o seguinte:

Venres 22 de xuño
13:00: ALXERIA - ESPAÑA, no Estadi Municipal de Calafell

Domingo 24 de xuño
20:00: ESPAÑA - MACEDONIA, no Camp Nou de Reus

Os dous primeiros acceden ás semifinais, que se xogarán o xoves 28 de xuño.

Mujaid Sadick foi unha das boas noticias en #ANOSACANTEIRA na temporada pasada. Despois de adestrarse varios días co primeiro equipo ás ordes de Clarence Seedorf, o técnico holandés fíxoo debutar no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Villarreal na penúltima xornada de LaLiga Santander, o pasado 12 de maio.

Unha semana máis tarde, o domingo 20, o canteirán cumpría o seu soño de xogar de titular co Deportivo en Primeira División, en Mestalla ante o Valencia CF.