RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Munitis: "Necesitamos o apoio dos afeccionados para loitar por todo na liga"

Hoxe houbo traballo de fisioterapia e recuperación no ximnasio do 'Mundo do Fútbol'. Mañá, o persoal está citada ás 10.30 en Abegondo para realizar a última sesión previa ao encontro deste domingo ás 17.00 horas en Riazor ante a Real Sociedade.

Esta mañá, Pedro Munitis, que segundo publica o diario A Opinión cumprirá 200 partidos en Liga se xoga ante os donostiarras, someteuse ás preguntas dos medios informativos na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. Pedro cre que hai que quedar agora co positivo: "levamos tres partidos en Liga cunha notable melloría e dous partidos consecutivos gañando".

-Obxectivos na liga?
-Eu prefiro marcarme metas a curto prazo. Imos tentar gañar á Real Sociedade, que é o primeiro.

-Recibimento en Riazor.
-Vexo lóxico que a xente estea un pouco desencantada. Aínda que o tiñamos xa moi difícil en Grecia, creo que en xeral na liga de Campións non estivemos afortunados. Agora ben necesitamos o seu apoio para tentar loitar por todo na liga.

-O espello ao que hai que mirarse é o partido Vilarreal-Deportivo?
-Desde logo. Sempre temos que quedarnos co positivo. De pouco vale lembrar o malo.

-O rival do domingo.
-A Real non empezou ben a competición, pero o outro día levantaron un partido moi complicado cun dous a cero en contra. E iso seguro que lles axudou moito moralmente.