RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Nacho González: "O bo xogo ímolo a ir collendo co paso dos partidos"

Nacho González pasouse pola sala de prensa de Abegondo esta mañá.

O atacante deportivista, que se adestrou hoxe á marxe do grupo debido a unhas molestias nos aductores, apunta que nota o salto do fútbol uruguaio ao europeo "no tema da táctica. É un fútbol moito máis rápido, máis posicional. Dáse máis importancia á velocidade do balón e non tanto ao que se poida correr xogando".

Confesa estar "moi contento persoalmente porque aínda que non me esperaba entrar de titular os primeiros 2 partidos, fixera as cousas ben durante a pretemporada como para poder facelo. Atopeime moi ben fisicamente, quizais mellor no segundo partido que no primeiro".

Explica que a súa posición ideal sobre o terreo de xogo é a de "mediapunta, pero onde me pide o míster vouno a facer e vou facelo sempre da mellor maneira posible. Na miña carreira xoguei moito por banda, tamén un pouco máis atrasado. Pero a miña posición ideal, onde me atopo máis a gusto é por detrás da punta, segundo dianteiro".

Respecto ao céspede artificial do Estadio Reina Sofía, escenario do encontro do próximo domingo 1 de novembro ante o Unionistas de Salamanca CF (16:00 h, Footters), lembra que "tivemos un partido en pretemporada (o disputado en Carballo ante o Bergantiños FC) e custounos un pouco adaptarnos á velocidade da pelota, ao 'pique' do balón. Imos tratar durante a semana de adestrar en céspede artificial para ir vendo o que nos espera a fin de semana".

Está convencido de que "o bo xogo ímolo a ir collendo co paso dos partidos. Aínda que non se viu o noso mellor fútbol, non perdemos e sumamos. É mellor corrixir despois dun empate ou unha vitoria que perdendo. Co paso dos partidos vaise a ir vendo ao mellor Deportivo".

Vaticina este domingo en Salamanca "un partido moi difícil, como todos os que tivemos até agora. Non imos a subestimar a ningún rival. Imos xogar de igual a igual a todos. Esperamos un rival duro, que vai vir a buscar os 3 puntos. Esperamos facer un fútbol correcto e poder sumar 3 puntos".