RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo, autocrítico: Fixemos cousas ben pero tamén fixemos cousas mal

Natxo González subliñou na sala de prensa do Novo Estadio dos Cármenes que a vitoria é "importante. Aquí non gaña calquera. Antes fíxoo o Sporting. Equipos que estamos arriba estamos fortes en casa e non era fácil".

O técnico deportivista apunta que "estes partidos tan igualados entre dous bos equipos adóitanse decidir neses detalles famosos".

Non cre que o segundo tempo do Deportivo en Granada fose o mellor de toda a temporada: "Puidemos facer moito mellor as cousas do que fixemos. Fixemos moitas cousas ben, pero había unha marxe de mellora bastante importante. Sempre falamos de que somos autocríticos, moi esixentes, de que nos queremos aproximar á perfección, non creo que fose o mellor segundo tempo. Fixemos cousas ben pero tamén fixemos cousas mal".

Insiste en que "non era un partido decisivo nestes momentos pero si que nun futuro pode ser importante nunha categoría que se está vendo tan igualada. O golaverage particular pode ser fundamental nese final".

O adestrador deportivista destaca que era "importante volver gañar fóra de ABANCA-RIAZOR, seguir o ronsel desas primeiras posicións e que non se abra un oco non grande pero máis do que nos gusta".

Nesta liña, Natxo González recalca "non perder ese tren, insistir aí, dando por saco aí detrás aínda que ás veces fagas un pouquiño a goma. Volvemos a engancharnos aí e o obxectivo é entrar nas 10 últimas xornadas con opcións a xogarse todo".