RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo, cauto: "Todos os rivais parécenme bos, vaian primeiro ou últimos"

Natxo González manifestou este mediodía na sala de prensa de Abegondo que o Dépor é consciente da dificultade que se vai a atopar mañá sábado 20 de outubro no Arcángel de Córdoba (20:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV): "Como adestrador sempre vexo a mesma dificultade ante o rival. Todos me parecen bos, vaia primeiro ou vaia último".

Por este motivo, o técnico deportivista céntrase en "nós. Tratar de facer ben as cousas onde podemos facerlles dano; e seguir competindo. É un partido fóra de casa, sabemos que van apertar, están a xogarse moito. É un reto, como todas as semanas".

Ante a visita ao Córdoba e o partido en ABANCA-RIAZOR ante o Reus (sábado 27 ás 16:00 horas), os dous proximos compromisos do Deportivo, Natxo prefire non facer números: "Os números moitas veces non saen, nin polo rival, nin pola clasificación. A lóxica, a teoría non existe porque isto é un xogo".

Celebra o dato que indica que en moitos dos partidos esta temporada o equipo branquiazul marcase o seu primeiro gol a partir do minuto 60: "É un dato importante que di moito do equipo. Os partidos ao principio adoitan ser igualados. Todo o mundo está a nivel físico ben. Xa o falamos nalgunha ocasión, xogar como local e tratarte de pór rápido en vantaxe no marcador é o ideal. Se non, ter paciencia e desgastar moito ao contrario. Son datos que xa che din algo. Por unha banda son bos pero imos tratar de equilibralos e sumar na primeira media hora tamén".

Con 24 futbolistas en cadro e só 2 de baixa médica, o adestrador branquiazul afirma que o día previo a un partido "para min é o peor da semana. Son inxusto cos que deixei fóra. Pero se metese a estes e sacado a outros, tamén. Son un desgraciado", finalizou chanceando.