RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo: "Defensivamente non se nos pode escapar un partido despois de lograr o que logramos"

Natxo González manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que foi "unha mágoa, despois de que remontas un partido cun equipo destas características, co díficil que é. Que se che escapen os puntos. Decepcionados. Isto é o xogo. Os últimos partidos queixabámonos un pouco da eficacia. Hoxe fixemos 2 goles e pasounos o contrario. Cando non encaixabamos, hoxe encaixas".

O técnico deportivista cre que o seu equipo "tivo moito corazón, que é importante. Faltounos xogo en moitos momentos. Pero aínda así, á parte dos goles, xeramos 3 ou 4 ocasións máis clarísimas. O problema é que defensivamente non se nos pode escapar un partido nos últimos minutos despois de lograr o que lograramos. Hai que seguir".

Pola súa banda, Cristóbal Parralo, técnico da AD Alcorcón, recoñeceu que foi "un partido especial. Estiven traballando aquí varias temporadas. Volver a ABANCA-RIAZOR para min era especial".

Do encontro, indicou que "fomos un equipo valente, que sempre tentou buscar a portería rival. En certos momentos o Dépor apertou moito e defendémonos como puidemos. Pero noutros momentos tocamos e chegamos con perigo".