RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo: "É un resultado contundente, que doe, pero contrariante porque non fixemos tan mal as cousas"

Natxo González analizou o último partido do ano fronte ao Cádiz no Carranza, selado cun 3-0 para os locais: "é un resultado contundente, que doe, pero contrariante porque non fixemos tan mal as cousas como para levarnos este correctivo. É o que ten a eficacia nas áreas. Eles fórono na nosa e nós non o fomos na súa. Foi a diferenza".

Pese ao marcador, afirmou que "fixemos o partido que queriamos pero non conseguimos o resultado que queriamos. Fomos moi eficientes de área a área. Fixemos moitas cousas ben pero situacións puntuais penalizáronnos. O único que nos faltou é nos últimos 20 metros os bos centros, os bos remates, as boas tomas de decisión. Chegamos en moitísimas ocasións e eles non moitas, pero suficientes. Creo que o partido se desenvolveu como quería pero o resultado non me apoia".

A pesar do golpe que supón a derrota, o técnico deportivista cre que "isto non vai a ennegrecer o noso traxecto. Sabemos que hai pedras no camiño, hai fochancas e hoxe foi unha. Estamos doídos co resultado pero non vai ser un borrón na nosa traxectoria. Isto non vai cambiar a confianza que temos nestes xogadores e no grupo".