RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo: "Empezou a conta atrás e cada partido vai ser xa fundamental"

Natxo González advertiu este mediodía na sala de prensa de Abegondo que "independentemente dos demais, imos tentar cumprir nós" mañá luns 4 de marzo en ABANCA-RIAZOR ante a AD Alcorcón (21:00 horas, GOL e LaLiga 1|2|3 TV). "Mentres cumpramos nós e saquemos os 3 puntos, o demais favoreceranos, pero o importante é nós sacalos", engade.

Ve aos futbolistas "ilusionados por volver a ABANCA-RIAZOR e tratar de darlle a volta a esa pequena dinámica de non vencer como locais".

Admite que "pode haber" algún retoque no once inicial respecto ao da pasada fin de semana en Málaga. "Un, máis dun ou ningún", chancea a continuación.

Confesa o técnico deportivista que "competir os luns persoalmente non me gusta porque o fútbol é das fins de semana, non dos luns. É verdade que cando xogas sabendo os resultados pode ser unha presión engadida para ben ou para mal. É o que hai".

Á afección, "desde a Dirección Deportiva, desde os xogadores pedirlles ese empuxe, aínda que por suposto non hai ningunha queixa. Desde a nosa parte vémonos obrigados a pedir ese soporte. Empezou a conta atrás e cada partido vai ser xa fundamental e importante. Eu o único que lles pediría é que, veñan os que veñan, que nos axuden a sacar os 3 puntos, non que veñan con eles de casa".

Recalca que, con 3 partidos consecutivos en ABANCA-RIAZOR este mes de marzo (entre medias o partido que non se xogará en Reus), "non podemos falar do mes, de que temos que saír tal, ou cal. Bastante temos co que debemos facer para poder volver gañar en casa e ante un equipo, o Alcorcón, que vai ser moi complicado. Non me gusta falar a medio prazo porque logo veñen as frustracións, os problemas".

Iso si, recoñece que "é evidente que todos pensamos en que poida ser un mes produtivo. Pero xa está. Temos que centrarnos no partido de mañá que bastante temos".

Ante o conxunto madrileño, un dos 3 que foi capaz nesta liga de gañar ao Dépor, Natxo González di que "é unha boa oportunidade para devolverlles a moeda, sempre no bo sentido. A nivel futbolístico segue sendo o mesmo equipo que foi toda a temporada. É un equipo moi consistente. Ten moi claro e fai moi ben as cousas ás que dá prioridade".

Por conseguinte, vaticina un partido "pechado, que poida ser moi longo. Aí é importante manexar cada diferente fase e que non nos poida a precipitación".