RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo: "Este é un momento de dificultade. Agora temos que demostrar que tipo de equipo somos"

Natxo González recoñeceu na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "é un momento difícil, o máis difícil da temporada".

Iso si, o técnico deportivista advirte que "na miña traxectoria para conseguir as cousas pasei momentos de dificultade a nivel persoal e profesional. E este é un momento de dificultade. Agora temos que demostrar que tipo de equipo somos".

Preguntado polas causas, explica que "se xunta un pouquiño todo, rendemento individual, que afecta o colectivo; entrar nun momento de dificultade que non tiveramos até o momento, aínda que parece que cando empatas un partido estás nun momento de dificultade. Agora estámonos dando conta de onde estamos e o que hai que facer para conseguir o obxectivo".

Cre que a solución pasa por "unirnos, xuntarnos, apoiarnos e convencernos que isto segue. Quedan 13 partidos e baixo ningún concepto imos tirar a toalla. É un reto bonito. É moi fácil cando as cousas son fantásticas, pero agora é un momento delicado, e é un reto bonito para min como adestrador e para o equipo como equipo".

Pola súa banda, Pepe Mel, técnico da UD Las Palmas, destacou que o triunfo "é fundamental. Tiñamos un vestiario cabizbajo, que non cría nel. Un vestiario que se miraba entre si e non se recoñecía. E isto sérvenos para a autoestima".