RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo González, ante o debut en ABANCA-RIAZOR: "Os veteranos falan marabillas da afección"

Natxo González, a poucas horas do debut do Dépor no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Sporting de Gijón (domingo 9 de setembro, 20:45 horas, Movistar Partidazo), manifestou hoxe na sala de prensa de Abegondo que os veteranos do cadro "falan marabillas da afección".

Asume despois dunha temporada, a pasada, moi complicada a nivel de resultados, que "os que temos que enganchar á xente e que senta orgullosa do seu equipo somos nós, os que estamos no verde ou preto del. A ver se somos capaces de prolongar esta xeira de resultados fóra de casa, tratar de facernos fortes como locais e ante un rival moi potente dentro da categoría".

O técnico deportivista non sente presión antes da estrea en casa: "Presión non. Non ou si, sempre. Sempre que vas competir tes esa presión porque queres facer as cousas ben e queres gañar".

Explica que non hai presión "polos resultados que se están producindo. Agora mesmo todo é anecdótico. É mellor empezar ben, obviamente. Non nos pode xerar iso inquietude. Tennos que xerar inquietude e ocupar seguir progresando e facendo ben as cousas".

Preguntado pola elección "entre todos" dos capitáns, aínda que advirte que prefire falar sempre de "o catro capitáns", detallou no entanto a orde: "Álex Bergantiños, Pedro Mosquera, Eneko (Bóveda) e Dani (Giménez)". "Non ten ningunha influencia, só á hora de levar o brazalete", engade.