RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo González cre que o penalti e a expulsión "cambiaron o partido radicalmente"

Natxo González, técnico do Deportivo, manifestou na sala de prensa do Estadio Carlos Belmonte, que "esa xogada, co penalti, coa expulsión cambiaron o partido radicalmente. Estivemos a expensas deles nos últimos minutos. Pero no cómputo xeral, tivemos o partido controlado. Fáltanos materializar ese control de partido en máis definición. Voume satisfeito".

Non quixo entrar a valorar a decisión arbitral, "hai unhas imaxes que ditaminan realmente se é penalti ou non é penalti. Desde a miña posición por suposto que non me parece. Os xogadores están encabuxados pero é o que hai. Non hai volta atrás e xa está".

Recoñeceu irse do Carlos Belmonte "algo decepcionado porque o tiñamos aí, con bastante control de partido. Sabiamos que nos últimos minutos iamos sufrir, ían meter aos xogadores grandes cos nosos centrais, ía haber moito xogo directo. Tiñamos unha variante para contrarrestar iso. Con esa acción todo vira. Empatan, quedas cun xogador menos. É difícil endereitar o partido e só queda defender e que acabase o partido así".

O técnico deportivista, despois destes primeiros 90 minutos oficiais de xogo, conclúe que "estamos a crecer en moitas cousas. Fáltanos moitísimo obviamente".

Sobre Vicente Gómez, última adquisición do Deportivo, apuntou que "é un bo reforzo. É un xogador que queriamos". "É unha boa noticia", engadiu.