RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo González cre que o triunfo "é xusto, sen ningunha dúbida"

Natxo González manifestou na sala de prensa do Estadio ABANCA-RIAZOR que o triunfo do Deportivo hoxe "é xusto, sen ningunha dúbida. Fomos superiores en todo. Ademais nunha forma moi regular, por dentro, por fóra. Faltounos o último arreón. Creo que fixemos méritos suficientes para gañar".

O técnico deportivista cualificou como "experiencia moi bonita" a súa estrea no estadio branquiazul, un recinto que nunca pisara nin como xogador nin como adestrador: "A iluminación, o público, a animación... Vai un pouco coa historia do Club", apostila.

Nesta liña opina que "a pesar de todo o que rodeaba o partido, as obras, as recolocacións, adaptámonos moi ben. O céspede está fantástico, foi unha bonita experiencia. Encima gañar nesa última acción practicamente, máis non podo pedir".

Pola súa banda, Rubén Baraja, técnico do Sporting de Gijón, resaltou "o traballo dos meus xogadores, o esforzo que fixeron, como nos habemos ir sobrepoñendo ás diferentes situacións que vivimos durante o partido".

O adestrador valisoletano non quixo entrar a valorar o labor do colexiado do encontro, o vasco Sagués Oscoz, pero si declarou que "houbo situacións que non son normais. Cando unha pelota sae do campo é fóra de banda. Polo que teño entendido, na acción previa á expulsión de Cofie o balón sae. Eu que estou aí véxoo e o cuarto (árbitro) tamén. Como esa, algunha cousa máis. Foi sorprendente".