RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo González destaca a eficacia do equipo na área rival

Natxo González manifestou na sala de prensa do Nou Estadi de Tarragona que o partido era "difícil de seu, como visitante e nun campo complicado. Ademais non estabamos a facer un mal partido, estabamos a ter o control, estabamos a chegar. Nese detalle puxéronse por diante. É unha categoría que non é fácil darlle a volta a un resultado. A base de insistencia e de seguir confiando pois o conseguimos".

Lembra que a única forma de darlle a volta ao partido "era seguir facendo o que estabamos a facer. Estabamos a aproximarnos ben á área rival. Era neses últimos 15, 20 metros tratar de trenzar mellor as accións".

Destacou que trala igualada coa que se chegou ao descanso, "no segundo tempo fomos eficaces. Controlamos ben a nivel defensivo. O Nàstic esíxeche moito en accións directas, segundas xogadas. Provocan moito córner, moita falta... E aí son especialistas. Era defender ben e esperar o noso momento. Por aí estivemos eficaces na área contraria".

Preguntado por imprecisións na saída de balón, Natxo González subliñou que "perfectos non somos. Erros imos seguir cometendo".