RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo González escolle a 18 futbolistas para o debut na liga

Natxo González elixiu a 18 futbolistas para o debut ligueiro mañá venres 17 de agosto no Estadio Carlos Belmonte (22:00 horas, Gol) de Albacete.

Cae por lesión unicamente Christian Santos.

Na sesión desta mañá, Natxo González dispuxo un exercicio táctico no campo 2; un partido a metade de campo, de alta intensidade; e, para concluír, repaso de accións de estratexia (faltas laterais, saques de banda...)

Guilherme, con permiso, non se adestrou hoxe.

A expedición branquiazul desprázase esta tarde á cidade manchega, vía Madrid.

Mañá venres, dado que o choque é ás 22:00 horas, os técnicos decidiron realizar ás 11:00 horas un traballo de activación na Cidade Deportiva do Albacete.

Tralo partido, o regreso será o sábado 18 de agosto directo á Cidade Deportiva para realizar unha nova sesión de traballo. A hora prevista de inicio será ás 16:00.

O plan de viaxe é o seguinte:

Xoves 16 de agosto
16:15: Saída do voo do Aeroporto da Coruña (UX 7236) con destino Madrid-Barajas
17:25: Chegada aproximada a Barajas e traslado en autobús até Albacete
20.15: Hora aproximada de chegada a Albacete e aloxamento no Hotel Los Llanos

Venres 17 de agosto
11:00: Adestramento na Cidade Deportiva do Albacete Balompié
22:00: Albacete - Deportivo, no Estadio Carlos Belmonte

Sábado 18 de agosto
9:30: Saída en autocar desde Albacete destino ao Aeroporto de Madrid-Barajas
14:15: Saída do voo de Madrid (UX 7235) con destino ao Aeroporto da Coruña
15:30: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña e traslado a Abegondo
16:00 (hora aproximada): Adestramento en Abegondo